Agora en Bueu
Imáxes de actualidade
🚣 Chega o XL Campionato Galego de Bateis!
O peirao de Bueu será o escenario dunha das probas do calendario de bateis máis importantes, e onte tivemos a presentación coas autoridades e organismos organizadores.
Esta fin de semana, 19 e 20 de abril, disputarase na vila morracense o XL Campionato Galego de Bateis, no que participarán noventa e seis barcos de clubs do norte e do sur.
Vai ser unha gran festa do remo!
Toda a info na nosa BIO
Abr 16

🚶♀️🌿 Dende o Concello de Bueu e a Asociación A Illa dos Ratos poñemos en marcha o programa de rutas de primavera "Recoñecer Bueu 2025".
☑️ 26 de abril: "Intermareal de Agrelo"
☑️ 11 de maio: "Massó, a orixe"
☑️ 15 de xuño: "Ermelo, o berce do Morrazo".
Toda a info e inscricións (ligazón da nosa BIO)
Abr 15

🗣️ O pasado venres organizamos un coloquio sobre o paso de Castelao pola nosa vila.
Xosé Novas Piñeiro, da Asociación de Amigos de Johan Carballeira, falounos dos principais fitos de Castelao na vila de Bueu. Así no 1932 fixo parada en diferentes mítins do Partido Galeguista en Beluso, Meiro ou Bueu, e nos que participou xunto a outras figuras relevantes como Alexandre Bóveda ou Otero Pedraio.
Nestes actos deixou claro o seu compromiso na loita contra todo tipo de desigualdades así como coa defensa dos dereitos de Galiza, e así se recolle no Bando da Alcaldía que o Concello de Bueu publicou a comezos de ano.
Con esta proposta iniciamos as actividades do Concello polo #AnoCastelao e iremos anunciando máis nos próximos meses.
Abr 14

📢 Estreamos uns buzóns para recoller as suxestións e queixas da veciñanza.
O Concello de Bueu vén de estrear este mes uns buzóns a través dos que se recollerán as suxestións e peticións da cidadanía e que forman parte dun proceso de escoita cidadá para construír un novo proxecto de goberno máis preto das necesidades da veciñanza. Este xoves tivo lugar a presentación pública da proposta no exterior da Biblioteca Municipal Torrente Ballester, nun acto que serviu de posta de longo e que contou coa presenza de Félix Juncal, alcalde da vila, e Isabel Quintás, tenente de alcalde.
Os buzóns van estar dispoñibles en seis instalacións municipais nas que existe gran afluencia de persoas, caso da propia Biblioteca Torrente Ballester, a Praza de Abastos, a Casa do Pobo de Beluso, o Centro Sociocultural de Cela, e os pavillóns Pablo Herbello de Bueu e o de Beluso.
Deixamos toda a info na ligazón da nosa BIO.
Abr 11

🗣️ O Concello de Bueu xa dispón da nova unidade móbil para facer ou renovar o DNI ou o pasaporte. Félix Juncal, alcalde da vila, e Isabel Quintás, tenente de alcalde, visitaron hoxe canda o comisario da Policía Nacional de Pontevedra o vehículo que se sitúa enfronte da Antiga Casa do Mar e do que xa fixeron uso as primeiras vinte e cinco persoas dende as nove da mañá.
Este proxecto implica mellorar o servizo para obter ou renovar o DNI nun só trámite, ademais de incluírse o pasaporte nos municipios onde non existen comisarías de policía nin oficinas de documentación, como é o caso de Bueu.
Toda a info na nosa web (ligazón na BIO)
Abr 4

🗣️🎨 Carmen García, concelleira de cultura, visitou este xoves na Sala Amalia Domínguez Búa a exposición "A metamorfose das cunchas mariñas IV coa súa cor natural" do artista Xosé Díaz "Cantoneiro".
A mostra recolle cadros elaborados con cunchas mariñas, e neles apréciase un gran coidado e unha ollada novidosa sobre a arte e a nosa natureza.
Podedes vela ata o domingo en horario das 17.00 ás 21.00 horas.
Abr 4

🚣 O Club do Mar de Bueu – Simei e o Concello de Bueu organizan este sábado, 5 de abril, a XV Bandeira de Bateis, unha regata que se desenvolverá a partir das 16 horas e na que se agarda a participación dun cento de embarcacións de once clubes. Así o apuntaron Valente Campos e Javier Pazos, integrantes da directiva do club, na rolda de prensa que se celebrou este mediodía, e na que tamén estivo presente Verde, concelleiro de deportes.
Tedes toda a info na nosa web (ligazón na BIO)
Abr 3

🚶♀️♀️ O pasado sábado organizamos xunto a A Illa dos Ratos unha ruta sobre as mulleres da historia de Bueu na que se visibilizou e reivindicou a figura de moitas mulleres en diferentes ámbitos como a pesca, a educación, a cultura, o deporte ou a política.
Percorremos os principais espazos do casco urbano con pegada feminina, e foi todo un éxito de público.
Aquí algunhas 📸📸
Mar 18

♀️ No 2007 homenaxeamos ás mulleres traballadoras de Bueu.
Con motivo do Día Internacional das Mulleres, recordamos algúns vídeos das homenaxes que organizamos ao longo de varios anos aos colectivos de mulleres da vila. Porque aIgualdade#moveBueu
Tédelos todos dispoñibles na nosa canle de YouTube 📽️
Mar 14

♀️ No 2014 homenaxeamos ás mulleres regateiras de Bueu.
Con motivo do Día Internacional das Mulleres, recordamos algúns vídeos das homenaxes que organizamos ao longo de varios anos aos colectivos de mulleres da vila. Porque aIgualdade#moveBueu
Tédelos todos dispoñibles na nosa canle de YouTube 📽️
Mar 13
