Afonso IV de León
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 899 (Gregoriano) ![]() Reino de León ![]() |
Morte | agosto de 933 (Gregoriano) ![]() mosteiro de San Xulián e Santa Basilisa de Ruiforco, España ![]() |
Causa da morte | morte natural ![]() |
Lugar de sepultura | Basílica de Santo Isidoro de León ![]() |
![]() | |
926 – 931 ← Afonso Froilaz – Ramiro II → ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | rei ![]() |
Outro | |
Título | Rei de León ![]() |
Familia | Dinastía ástur-leonesa ![]() |
Cónxuxe | Oneca Sánchez de Pamplona ![]() |
Fillos | Ordoño IV ![]() |
Pais | Ordoño II de Galicia e León ![]() ![]() |
Irmáns | Ramiro II Sancho I ![]() |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Leksikon ![]() |
![]() ![]() |
Afonso IV de León e Galiza (falecido en 933), cognominado o Monxe, foi rei de toda Galiza altomedieval[1] de 925 a 931.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo máis vello de Ordoño II de Galiza, non ascendeu ao trono por morte do pai en 924, tendo a Ordoño sucedido o tío Froila II; coa morte deste no ano seguinte, sendo Afonso o descendente máis vello de entre os fillos de Ordoño e Froila, tornouse rei na cidade de León. Trala morte do seu irmán Sancho Ordóñez, Afonso IV pasou a actuar como rei de toda Galiza, desde a sede de León. Nesas condicións sería difícil asegurar a gobernación, tendo resignado en favor do seu irmán Ramiro II, e entrado de seguida nun mosteiro. Inconstante, porén, no seu carácter, tomou armas co fillo de Froila (Afonso Froilaz) contra Ramiro, tendo suspendido a súa renuncia ao trono, por un lado, e a vida monástica por outro. Ramiro derrotouno, mandouno cegar e colocouno baixo prisón no mosteiro de Sahagún, onde viría a falecer en 933. Ordoño IV, futuro rei de Galiza era seu fillo.
"Cando morreu Froila fillo de Ordoño, rei de Galiza[2], a quen deus maldiga (...) os cristiáns fixeron rei no seu lugar ao seu irmán Afonso fillo de Ordoño, a quen lle disputou o trono o seu irmán Sancho fillo de Ordoño, maior que el, o cal entrou en León, capital do reino dos galegos, como opoñente do seu irmán Afonso, sendo apoiado por algúns galegos, mentres que outros se mantiveron fieis a este (...) até que acordaron depor a Sancho e expulsalo de León, uníndose baixo o rei Afonso fillo de Ordoño.
Sancho fuxiu entón ao extremo de Galiza, cuxa poboación o recoñeceu e entronizou, sendo súa unanimemente, mentres o seu irmán Ramiro fillo de Ordoño (...) detentaba a zona adxacente desde o oeste de Galiza até o límite de Coímbra.
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Que parte da historiografía actual prefire dividir en Reino de Galiza e reino de León.
- ↑ "Ḏj̲illīḳiyya na Encyclopédie de l’Islam". referenceworks.brillonline.com/. Consultado o 25/11/2019.
- ↑ Carballeira Devasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. p. 150.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-96203-44-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Reino de Galiza | ||
---|---|---|
Segue a: Sancho I |
Afonso IV de León | Precede a: Ramiro II |
Dinastía dos Ordoñez (910-1037) |