Saltar ao contido

Antiácido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata dos medicamentos contra o ardor de estómago que neutralizan os ácidos; non confundir coa terapia de protectores do estómago que reduce a produción de ácidos polo estómago cun inhibidor da bomba de protóns ou un antagonista do receptor H2.
Tabletas antiácidos de carbonato de calcio.

Un antiácido é unha substancia que neutraliza a acidez estomacal e utilízase para aliviar a ardentía ou ardor de estómago, a indixestión, ou o malestar de estómago.[1] Algúns antiácidos utilizáronse no tratamento do estrinximento e a diarrea.[2] Os antiácidos comercializados conteñen sales de aluminio, calcio, magnesio ou sodio. Un exemplo é o bicarbonato de sodio.[2] Algunhas preparacións conteñen unha combinación de dous sales, como o carbonato de magnesio e o hidróxido de aluminio (por exemplo, hidrotalcita).[3]

Usos médicos

[editar | editar a fonte]

Os antiácidos poden comprarse sen receita e tómanse por vía oral para aliviar rapidamente as ardentías estomacais ocasionais, que son o principal síntoma da enfermidade de refluxo gastroesofáxico e a indixestión. O tratamento só con antiácidos é sintomático e só está xustificado para síntomas menores.[4] Usos alternativos para os antiácidos son o estrinximento, a diarrea, a hiperfosfatemia e a alcalinización urinaria.[2] Algúns antiácidos utilízanse tamén como auxiliares na terapia de substitución de encimas pancreáticos no tratamento da insuficiencia pancreática exócrina.[5]

Os antiácidos non particulados (citrato de sodio) incrementan o pH gástrico (fano máis básico) con pouco ou ningún efecto sobre o volume gástrico e, polo tanto, poden ter algúns usos limitados en procedementos preoperatorios. O citrato sódico debería darse unha hora antes da cirurxía para que sexa máis efectivo.[6]

Efectos colaterais

[editar | editar a fonte]

As tabletas efervescentes convencionais conteñen unha cantidade significativa de sodio e están asociados cun incremento das probabilidades de episodios cardiovasculares adversos segundo un estudo de 2013.[7] As formulacións alternativas libres de sodio que conteñen sales de magnesio poden causar diarrea, mentres que as que conteñen calcio ou aluminio poden causar estrinximento.[8]:Táboa 2 O uso a longo prazo de antiácidos que conteñen aluminio pode incrmentar o risco de desenvolver osteoporose.[9] En estudos in vitro atopouse un posible rebote ácido que ocorre por un uso excesivo de antiácidos: porén, a importancia deste descubrimento foi posta en cuestión.[10][11]

Propiedades dos antiácidos

[editar | editar a fonte]

Cando se produce unha cantidade excesiva de ácidos no estómago, pode degradarse a barreira mucosa natural que protexe a parede interna do estómago, orixinando dor e irritación.[12] Existe tamén a posibilidade de desenvolver refluxo ácido, que pode causar dor e danos ao esófago.[Cómpre referencia] Os antiácidos conteñen ións alcalinos que neutralizan quimicamente o ácido gástrico (HCl) do estómago, reducindo os danos nas paredes internas do estómago e no esófago e aliviando a dor.[1] Algúns antiácidos tamén inhiben a pepsina, un encima que pode danar o esófago no refluxo ácido.[2][13]

Os antiácidos non inhiben directamente a secreción ácida, e niso son distintos dos fármacos redutores da produción de ácido (ás veces chamados protectores do estómago) como os antagonistas do receptor H2 ou os inhibidores da bomba de protóns.[4] Os antiácidos non matan a bacteria Helicobacter pylori, que causa a maior parte das úlceras gástricas.[4]

Os antiácidos clasifícanse principalmente en dúas categorías:

Interaccións

[editar | editar a fonte]
Imaxe da quelación de metais da tetraciclina, onde 'M' é un metal como os que conteñen os antiácidos.

Oa antiácidos interaccionan con varios medicamentos de administración oral, como os antibióticos fluoroquinolona e tetraciclina, o ferro, o itraconazol e a prednisona.[15] A quelación de metais é a responsable dalgunhas destas interaccións (por exemplo coas fluoroquinolonas e tetraciclinas), orixinando unha diminución da absorción do fármaco quelado. Algunahs interaccións poden deberse ao incremento de pH observado no estómago despois da dixestión de antiácidos, o que produce un incremento da absorción de ácidos débiles, e unha diminución da absorción de bases débiles.[Cómpre referencia] Os antiácidos tamén causan un incremento do pH da urina (alcalinización), que pode causar un incremento da concentración sanguínea de bases débiles, e un incremento da excreción de ácidos débiles.[16]

Un método proposto para mitigar os efectos da acidez estomacal e a quelación na absorción de fármacos é espazar a administración de antiácidos con medicamentos cos que interaccionan polo menos en dúas horas,[17] aínda que este método non foi ben estudado para o caso de fármacos afectados pola alcalinización da urina.[15]

Hai certa preocupación sobre as interaccións entre as tabletas de liberación retardada e os antiácidos, xa que os antiácidos poden incrementar o pH do estómago ata un punto en que se disolva a cuberta da tableta de liberación retardada, orixinando a degradación do fármaco se este é sensible ao pH.[16]

Formulacións

[editar | editar a fonte]

Os antiácidos poden ser formulados con outros ingredientes activos como simethicone para controlar o gas, ou ácido alxínico para actuar como barreira física para os ácidos.[18]

Líquidos

[editar | editar a fonte]

No mercado hai varias preparacións líquidas de antiácidos. As máis comúns son as de leite de magnesia e combinacións de magnesio/aluminio. Unha posible vantaxe de usar unha preparación líquida sobre unha tableta é que os líquidos poden proporcionar un alivio máis rápido, aínda que isto pode ter unha duración máis curta.[19]

Tabletas masticables

[editar | editar a fonte]

As tabletas masticables son unha das formas máis comúns de presentación dos antiácidos, as máis das veces feitos de sales de carbonato ou hidróxido, e poden comprarse sen receita. Unha vez que chegan ao estómago, os sales de antiácido únense a ións hidronio (H+), producindo sales de cloruro, dióxido de carbono e auga. Esta proceso reduce a concentración de ións H+ no estómago, elevando o pH e neutralizando o ácido.[8]:Figura 1 Sales de carbonato comúns dispoñibles en tabletas inclúen os de calcio, magnesio, aluminio e sodio.[15]

Algunhas marcas comúns son Tums, tabletas masticables Gaviscón, e tabletas masticables Maalox.[20]

Tabletas efervescentes

[editar | editar a fonte]

As tabletas efervescentes son tabletas que se deseñan para disolverse en auga, e despois liberan dióxido de carbono.[21][22][23] Ingredientes comúns son o ácido cítrico e o bicarbonato de sodio, que reaccionan cando están en contacto coa auga para producir dióxido de carbono. Os antiácidos efervescentes poden tamén conter aspirina,[24] carbonato de sodio ou ácido tartárico.[25] Os que conteñen aspirina poden causar irritación gástrica e ulceración debido aos efectos da aspirina sobre a membrana mucosa do estómago.[26]

Nomes de marcas

[editar | editar a fonte]

Algunhas marcas de aniácidos son Alka-Seltzer, Gaviscón, Tums, Gelusil e Eno.[27][28][29]

  1. 1,0 1,1 Internal Clinical Guidelines Team. (UK) (2014). Dyspepsia and Gastro-Oesophageal Reflux Disease: Investigation and Management of Dyspepsia, Symptoms Suggestive of Gastro-Oesophageal Reflux Disease, or Both. National Institute for Health and Care Excellence: Clinical Guidelines. Londres: National Institute for Health and Care Excellence (UK). PMID 25340236. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Salisbury BH, Terrell JM (2020). "Antacids". StatPearls. Treasure Island (FL): StatPearls Publishing. PMID 30252305. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2021. Consultado o 24 de novembro de 2020. 
  3. "Aluminum hydroxide and magnesium carbonate Uses, Side Effects & Warnings". Drugs.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2021. Consultado o 24 de novembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Consumer Summary – Treatment Options for GERD or Acid Reflux Disease: A Review of the Research for Adults". U.S. Department of Health & Human Services. Agency for Healthcare Research and Quality. 23 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2014. 
  5. Graham DY (xuño de 1982). "Pancreatic enzyme replacement: the effect of antacids or cimetidine". Digestive Diseases and Sciences 27 (6): 485–490. PMID 6282548. doi:10.1007/BF01296725. 
  6. Apfelbaum JL, Agarkar M, Connis RT, Coté CJ, Nickinovich DJ, Warner MA (colaboaración: American Society of Anesthesiologists Committee on Standards and Practice Parameters) (marzo de 2017). "Practice Guidelines for Preoperative Fasting and the Use of Pharmacologic Agents to Reduce the Risk of Pulmonary Aspiration: Application to Healthy Patients Undergoing Elective Procedures: An Updated Report by the American Society of Anesthesiologists Task Force on Preoperative Fasting and the Use of Pharmacologic Agents to Reduce the Risk of Pulmonary Aspiration". Anesthesiology 126 (3): 376–393. PMID 28045707. doi:10.1097/ALN.0000000000001452.  Erro no estilo Vancouver: initials (Axuda)
  7. George J, Majeed W, Mackenzie IS, Macdonald TM, Wei L (novembro de 2013). "Association between cardiovascular events and sodium-containing effervescent, dispersible, and soluble drugs: nested case-control study". BMJ 347: f6954. PMC 3898660. PMID 24284017. doi:10.1136/bmj.f6954. 
  8. 8,0 8,1 Garg V, Narang P, Taneja R (marzo de 2022). "Antacids revisited: review on contemporary facts and relevance for self-management". The Journal of International Medical Research 50 (3): 3000605221086457. PMC 8966100. PMID 35343261. doi:10.1177/03000605221086457. 
  9. "Taking Antacids". Medline Plus. U.S. Department of Health and Human Services, National Institutes of Health, U.S. National Library of Medicine. 7 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 5 de xullo de 2016. 
  10. Texter EC (febreiro de 1989). "A critical look at the clinical use of antacids in acid-peptic disease and gastric acid rebound". The American Journal of Gastroenterology 84 (2): 97–108. PMID 2644821. 
  11. Hade JE, Spiro HM (xullo de 1992). "Calcium and acid rebound: a reappraisal". Journal of Clinical Gastroenterology 15 (1): 37–44. PMID 1500660. doi:10.1097/00004836-199207000-00010. 
  12. McColl KE (outubro de 2011). "The elegance of the gastric mucosal barrier: designed by nature for nature". Gut 61 (6): 787–788. PMID 22147513. doi:10.1136/gutjnl-2011-301612. 
  13. Bardhan KD, Strugala V, Dettmar PW (2012). "Reflux revisited: advancing the role of pepsin". International Journal of Otolaryngology 2012: 646901. PMC 3216344. PMID 22242022. doi:10.1155/2012/646901. 
  14. MrlabTest - Antacids. URL: https://www.mrlabtest.com/medication/antacids.htm. Consultado o 27 de novembro de 2024.
  15. 15,0 15,1 15,2 Ogawa R, Echizen H (outubro de 2011). "Clinically significant drug interactions with antacids: an update". Drugs 71 (14): 1839–1864. PMID 21942976. doi:10.2165/11593990-000000000-00000. 
  16. 16,0 16,1 Patel D, Bertz R, Ren S, Boulton DW, Någård M (abril de 2020). "A Systematic Review of Gastric Acid-Reducing Agent-Mediated Drug-Drug Interactions with Orally Administered Medications". Clinical Pharmacokinetics 59 (4): 447–462. PMC 7109143. PMID 31788764. doi:10.1007/s40262-019-00844-3. 
  17. Australian Medicines Handbook Pty Ltd (2022). Australian Medicines Handbook 2022. Adelaide, SA. ISBN 978-0-6485158-6-9. 
  18. Thompson WG (12 de setembro de 2014). "Antacids". IFFGD Publication #520. International Foundation for Functional Gastrointestinal Disorders, Inc. (IFFGD). Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2016. 
  19. Barnett CC, Richardson CT (novembo de 1985). "In vivo and in vitro evaluation of magnesium-aluminum hydroxide antacid tablets and liquid". Digestive Diseases and Sciences 30 (11): 1049–1052. PMID 4053915. doi:10.1007/BF01315602. 
  20. "Maalox Antacid Oral: Uses, Side Effects, Interactions, Pictures, Warnings & Dosing". WebMD. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2022. Consultado o 24 de xuño de 2022. 
  21. Dubogrey I (2013). "Putting the Fizz into Formulation". European Pharmaceutical Contractor (Autumn). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2021. Consultado o 17 de abril de 2017. 
  22. "Tablets". British Pharmacopeia. 2003. Arquivado dende o orixinal o 3 de xaneiro de 2013. 
  23. International Pharmacopoeia 2006. World Health Organization. 2006. pp. 966. ISBN 978-92-4-156301-7. Consultado o 1 July 2013. 
  24. "Alka Seltzer Directions of use, Sodium & Aspirin content – Alka Seltzer relief from Headaches, Migraine & Upset stomach". alkaseltzer.ie. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2015. Consultado o 17 de abril de 2017. 
  25. Blair GT, DeFraties JJ (2000). "Hydroxy Dicarboxylic Acids". Kirk-Othmer Encyclopedia of Chemical Technology. Kirk Othmer Encyclopedia of Chemical Technology. pp. 1–19. ISBN 978-0471238966. doi:10.1002/0471238961.0825041802120109.a01. 
  26. Graham DY, Smith JL (marzo de 1986). "Aspirin and the stomach". Annals of Internal Medicine 104 (3): 390–398. PMID 3511824. doi:10.7326/0003-4819-104-3-390. 
  27. "Which OTC Meds Treat Heartburn?". WebMD. 30 de marzo de 2023. Consultado o 8 de xaneiro de 2024. 
  28. "Eno – Summary of Product Characteristics at eMC". Electronic Medicines Compendium. Consultado o 2 de setembro de 2016. Última actualización o 1 de xaneiro de 2016 
  29. "Gelusil - Uses, Side Effects, and More". Consultado o 27 de febreiro de 2024.