Cauca, Colombia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia ![]() | ||||
Capital | Popayán ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.491.937 (2020) ![]() | ||||
Lingua usada | Lingua andaquí Lingua eperara Lingua chamí Lingua wounaan Lingua inga Lingua nasa Lingua guambiana Lingua totoró Lingua inga da xungla ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 29.308 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | ||||
Altitude | 1.693 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Nevado del Huila (5.364 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1857 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | despacho do gobernador do Cauca ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Departamental do Cauca Circunscrición: 0, (Escano: 13) ![]() | ||||
ISO 3166-2 | CO-CAU ![]() | ||||
Sitio web | gobcauca.gov.co ![]() |
Cauca é un dos 32 departamentos de Colombia. Atópase no suroccidente do país, na rexión natural do Pacífico, e a súa capital é Popayán. Ten unha superficie de 29.308 km² e de acordo co DANE, posúe unha poboación estimada (2024) de 1.578.476 habitantes.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]No período precolombiano numerosos pobos indíxenas habitaron a rexión, principalmente os nasas, guambianos, aviramas, totoroes, polindaras, paniquitaes, coconucos, patías, bojoles, chapanchicas, sindaguas, timbas, jamundíes e cholos. O primeiro conquistador que recoñeceu o territorio caucano foi Sebastián de Belalcázar en 1536, quen chegou procedente do Perú na procura de "El Dorado" acompañado, entre outros, polos capitáns Pedro de Añazco e Juan de Ampudia.[2]

Nun principio, Belalcázar percorreu o val do río Patía e logo enviou a Añazco e Ampudia a explorar o val de Pubenza, onde se fundaría a cidade de Popayán; esta última foi fundada por Belalcázar o 13 de xaneiro de 1537; a partir de alí recoñeceu as fontes dos ríos Cauca e Magdalena e a lagoa do Boi. Carlos V concedeu a Belalcázar o 10 de maio de 1540, o título de adiantado e gobernador vitalicio da provincia de Popayán,[3] cuxa xurisdición abranguía nun principio os territorios dos actuais departamentos de Nariño e Cauca; en 1541 os dominios de Popayán foron ampliados á maior parte do territorio colombiano, dende San Juan de Pasto até a serranía de Abibe. Durante a primeira metade do século XIX, Popayán continuou sendo un importante centro político e comercial da Nova Granada.[4]
En 1819 a provincia de Popayán formou parte do departamento de Cundinamarca da Gran Colombia e en 1821 foi convertido no centro do departamento do Cauca; entre 1831 e 1857 novamente foi a provincia de Popayán. En 1857 foi renomeado como Estado Soberano do Cauca, o cal tiña poder sobre as antigas provincias de Pasto, Cauca, Chocó, Buenaventura e Caquetá. En 1886 o status do Cauca mudou a departamento e devandita condición ratificouse en 1910, mentres os territorios antes mencionados foron segregados a comezos do século XX.[4]
Demografía
[editar | editar a fonte]Os concellos máis poboados do departamento en 2025 eran:
![]() Popayán |
Núm. | Concello | Pob. | Núm. | Concello | Pob. | ![]() El Tambo ![]() Cajibío |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Popayán | 346 403 | 6 | Puerto Tejada | 45 047 | ||
2 | Santander de Quilichao | 119 121 | 7 | Piendamó | 44 400 | ||
3 | El Tambo | 58 323 | 8 | Caldono | 43 643 | ||
4 | Páez | 50 082 | 9 | Morales | 42 419 | ||
5 | Cajibío | 45 481 | 10 | Silvia | 40 773 | ||
Gráfica de evolución de Cauca, Colombia entre 1912 e 2025 |
![]() |
Poboación segundo o censo. Poboación segundo a proxección.Fonte: Statoids.[5] DANE.[6] |
Etnografía
[editar | editar a fonte]O Cauca é un departamento colombiano cunha gran proporción de indíxenas. As dúas etnias máis numerosas son os nasas e os guambianos. Dende os tempos coloniais estiveron en conflito pola propiedade das terras. Un dos líderes nasas máis salientables foi Quintín Lame.
- Mestizos e brancos (56,3%)
- Afrocolombianos (22,2%)
- Indíxenas (21,6%)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Perfil Económico Cauca 2020".
- ↑ "Información general". Gobernación del Cauca. Consultado o 15 de marzo de 2012.
- ↑ "Departamento del Cauca". TodaColombia.com. Consultado o 15 de marzo de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 "Cauca (Generalidades)". Biblioteca Luis Ángel Arango. Consultado o 15 de marzo de 2012.
- ↑ "Departments of Colombia: Population history". Statoids. Consultado o 10 de decembro de 2015.
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 1 de xullo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cauca, Colombia ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)