Saltar ao contido

Condado de Pärnu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe da cidade de Pärnu, capital do condado homónimo
Modelo:Xeografía políticaCondado de Pärnu
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 58°25′00″N 24°35′00″L / 58.4167, 24.5833
PaísEstonia Editar o valor en Wikidata
CapitalPärnu Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación87.418 (2023) Editar o valor en Wikidata (16,13 hab./km²)
Xeografía
Superficie5.418,73 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
ISO 3166-2EE-68 Editar o valor en Wikidata

O condado de Pärnu ou Pärnumaa (en estoniano: Pärnu maakond ou Pärnumaa) é un dos 15 condados ou maakond de Estonia. Está situado na parte suroccidental do país á beira do golfo de Riga. Limita ao norte cos condados de Lääne e Rapla, ao leste cos de Järva e Viljandi e ao sur con Letonia. No ano 2024 o condado tiña unha poboación de 87 891 habitantes.[1]

O condado de Pärnu é o condado máis grande de Estonia en termos de superficie terrestre.

Goberno rexional

[editar | editar a fonte]

A reforma administrativa en Estonia aboliu os gobernos dos condados a finais de 2017. Antes diso, o goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) estaba dirixido por un gobernador ou maavanem, que era nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.

Municipios

[editar | editar a fonte]

O condado está subdividido en municipios. Tras a reforma administrativa de 2017 pasou de ter 2 municipios urbanos e 19 rurais a quedar dividido en tan só un municipio urbano (estoniano linnad - cidades) e seis concellos rurais (estoniano: vallad - comunas).

Rango Concello Tipo Poboación

(2024)[1]

Área

km2

Densidade
1 Häädemeeste rural 4 725 494 9,6
2 Kihnu rural 520 17 30,6
3 Lääneranna rural 5 019 1 352 3,7
4 Põhja-Pärnumaa rural 8 027 1 013 7,9
5 Pärnu urbano 52 703 855 61,6
6 Saarde rural 4 386 1 065 4,1
7 Tori rural 12 511 611 20,5
  1. 1,0 1,1 "RV0240: Rahvastik soo, vanuse ja elukoha järgi, 1. Jaanuar". PxWeb (en estoniano). Consultado o 2025-04-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]