Constante Liste Forján
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xaneiro de 1900 ![]() Calo, España ![]() |
Morte | 3 de outubro de 1936 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Causa da morte | paseo ![]() |
![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | canteiro, sindicalista, político ![]() |
Familia | |
Irmáns | Enrique Líster Faustino Liste Forján ![]() |
![]() |
Constante Liste Forján, nado en Calo (Teo) o 30 de xaneiro de 1900 e finado en Santiago de Compostela o 3 de outubro de 1936, foi un canteiro, sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Canteiro de Teo, era irmán de Enrique e Faustino Liste. Foi fundador e presidente do Sindicato de Oficios Varios de Teo. Logo da vitoria de Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro e tenente de alcalde de Teo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso no cárcere do Pazo de Raxoi, de onde o sacaron para ser asasinado. O seu cadáver non apareceu.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2003 puxéronlle o seu nome ao Centro Socio-Cultural da Ramallosa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xenealoxía Enrique Lister (militar) Arquivado 12 de setembro de 2014 en Wayback Machine.