Fortunato Carreras Trigo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1902 ![]() O Rosal, España ![]() |
Morte | 21 de novembro de 1936 ![]() Cárcere da Coruña, España ![]() |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, político, telegrafista ![]() |
Familia | |
Fillos | Juan José Carreras Ares ![]() |
![]() |
Fortunato Carreras Trigo, nado no Rosal cara a 1902 e finado na Coruña o 21 de novembro de 1936, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Oficial de Telégrafos da Central da Coruña. Foi nomeado interventor da estación de radio costeira da Coruña en 1933,[1] e foi xefe da Estación Radiotelegráfica costeira en 1936.[2] Militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado na Coruña en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Detido na Prisión Provincial da Coruña, tentou fugarse, sendo abatido polos sentinelas o 21 de novembro de 1936.[3] Abríronlle expediente no Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na Coruña con Josefina Ares Montes en 1927,[5] e foi pai de Juan José e María Dolores Carreras Ares.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Prieto, Lourenzo; et al. (2011). A represión franquista na comarca da Coruña. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. p. 64. ISBN 978-84-8487-288-7.
- Grandío Seoane, Emilio (ed.) (2007). Anos de odio. Golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación da Coruña. pp. 142–143. ISBN 84-9812-061-6.
- Lamela, Luis (2002). A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Do Castro. p. 138.