Gmail
Gmail | |
---|---|
![]() | |
Tipo | mailbox provider (en) ![]() ![]() ![]() |
Parte de | Google Workspace e Google ![]() |
Historia | history of Gmail (en) ![]() ![]() |
Linguas
| |
Versións
| |
Características | |
Plataforma | iOS, navegador web e Android ![]() |
Linguaxe de programación | JavaScript ![]() |
Datas | |
Creación | 1 de abril de 2004 ![]() |
Persoas e organizacións | |
Propietario/a | Google ![]() |
Distribuidor/a | App Store e Google Play ![]() |
Desenvolvedor | Google ![]() |
Creador/a | Paul Buchheit (pt) ![]() ![]() |
Contacto | |
Blog oficial | blog.google… ![]() |
Páxina WEB | mail.google.com ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Gmail, tamén coñecido como Google Mail, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google.
Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Historia
[editar | editar a fonte]O 31 de marzo de 2004 Google lanzou o seu servizo (en fase beta) Gmail que se destacou entre os servizos de correo máis populares do momento por proporcionar 1 gigabyte de capacidade (posteriormente aumentada a 6 gigabytes). Durante bastante tempo, para poder acceder a unha conta Gmail era necesario recibir unha invitación doutro usuario de Gmail.
Este servizo de mensaxería destacou, entre outras cousas, por utilizar un sistema de procura de mensaxes simple e avanzado ao mesmo tempo, similar ao do buscador web ao cal debe o seu slogan "Non organices, busca". Ademais ofrece outras características adicionais como as etiquetas, filtros avanzados, posibilidade de múltiples contas para correo saínte, chat integrado etc. que o fan moi atractivo.
Atópase dispoñible en 72 idiomas.[1] Gmail está dispoñíbel en galego desde o 7 de xullo do 2014.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "¿En cantos idiomas se atopa dispoñible Gmail?". mail.google.com.
- ↑ "Gmail estrea interface web en galego". codigocero.com. 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gmail ![]() |