Igrexa de madeira de Urnes
Urnes stavkirke (nn) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Noruega | |||
Condado | Vestland | |||
Concello | Luster (pt) ![]() ![]() | |||
Poboación | ||||
Relixión | Igrexa de Noruega ![]() | |||
Xeografía | ||||
Diocese | Diocese of Bjørgvin (en) ![]() ![]() | |||
Superficie | 0,21 ha ![]() | |||
Creación | século XII ![]() | |||
Patrimonio da Humanidade ![]() | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (iii) ![]() | |||
Identificador | 58 | |||
Patrimonio de Noruega | ||||
Sitio web | fortidsminneforeningen.no… ![]() |


A Igrexa de madeira de Urnes, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, é unha stavkirke (Igrexa de madeira) das máis antigas das 28 preservadas en Noruega. Está situada no municipio de Lust no condado de Sogn og Fjordane.
A igrexa é propiedade da Sociedade para a preservación de monumentos históricos, en Noruega. Foi declarada Patrimonio da Humanidade en 1979.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]As análises realizadas a mostras de madeira retirada da base da construción indican que as árbores utilizadas na súa construción cortáronse entre 1129 e 1131. Pero sábese que antes do actual edificio houbo outras dúas igrexas no mesmo lugar, e certos elementos destas reutilizáronse, como fachada, algunhas pranchas exteriores e algunhas pezas decorativas esculpidas.
A igrexa marca a transición de métodos de construción dos viquingos coa súa típica ornamentación animal, o chamado "estilo Urnes" e a arquitectura cristiá.
O edificio
[editar | editar a fonte]A igrexa está formada por unha nave rectangular e coro máis estreito, ambos co grande espazo central elevado. No século XVII ampliouse o coro, pero esta modificación eliminouse posteriormente. No século XX, restaurouse a igrexa e as táboas decoradas das paredes cubríronse para evitar a súa deterioración.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Urnes Stave Church". UNESCO Culture Sector. Consultado o 8 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de madeira de Urnes ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Urnes stavkirke (Sitio oficial en noruegués da Sociedade para a Conservación dos Monumentos Históricos de Noruega)
- Urnes Stave Church (UNESCO) (en inglés))