Italsat
Italsat 1 e 2 foron os dous primeiros satélites de comunicacións comerciais italianos.[1][2][1]
Características
[editar | editar a fonte]Italsat 1 foi lanzado o 15 de xaneiro de 1991, mentres que Italsat 2 foi lanzado o 8 de agosto de 1996, ambos mediante foguetes Ariane 4. Foron construídos por Alenia Spazio e cada satélite levaba a bordo dez transpondedores activos e cinco de respaldo. Italsat 1 tiña unha masa de 1850 kg, mentres que Italsat 2 pesaba 1983 kg. O corpo dos satélites tiña forma aproximadamente cúbica, cunhas dimensións de 2,3 x 2,7 x 3,5 m. A enerxía eléctrica era proporcionada por dous paneis solares cunha envergadura de 21,8 e que producían ata 1,5 kW de potencia. Ao final da súa vida útil Italsat 1 foi movido a unha órbita cemiterio en xaneiro de 2001 e Italsat 2 en xullo de 2002.[1][2]