Jesús Parrado Vaamonde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xaneiro de 1911 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 11 de agosto de 1936 ![]() Arzúa, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Jesús Parrado Vaamonde, nado en Santiago de Compostela o 30 de xaneiro de 1911[1] e finado en Arzúa o 11 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi secretario xeral PCE en Santiago de Compostela de 1931 a 1933. Foi directivo da Casa do Pobo. Membro da loxa masónica Agarimo. Colaborou en El Pueblo Gallego.[2][3] En xaneiro de 1932 foi designado para integrar o comité de goberno do Centro Republicano Federal de Izquierda Gallega de Compostela.[4] Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en novembro;[5] xulgado na Coruña en consello de guerra o 6 de xullo de 1935 acusado de excitación á rebelión, foi absolto.[6] Foi elixido presidente da Sociedad de dependientes de comercio e industria de Compostela o 6 de maio de 1936.[7] Participou nos mitins de propaganda para pedir o SI no referendo do Estatuto de autonomía como os de Muros e Esteiro.[8] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e asasinado en Arzúa o 11 de agosto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo de Galicia, 31-1-1911, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-7-1931, p. 8.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-3-1932, p. 12.
- ↑ El Pueblo Gallego, 23-1-1932, p. 10.
- ↑ El Eco de Santiago, 19-11-1934, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 7-7-1935, p. 12.
- ↑ El Pueblo Gallego, 8-5-1936, p. 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-6-1936, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Do Castro. p. 108. ISBN 978-84-8485-079-3.