Milla
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Milla | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | unidade de lonxitude e unidade inglesa (pt) ![]() ![]() |
Parte de | Unidades russas (pt) ![]() ![]() |
Magnitude física | lonxitude ![]() |
Símbolo da unidade | মাইল, mejloj, مایل, miles, millas, mérföld, miglia, милји, മൈൽ, mil, milhas, mile, миль, миль, 英里, mi, mil, ميل, mìlia e mil ![]() |
Conversión a SI | 1.609,344 m ![]() |
Conversión a unidade estándar | 1.760 iardas, 5.280 pés, 1,609344 km, 1.609,344 m, 160.934,4 cm, 1.609.344 mm, 63.360 pulgadas, 0 pc, 0 ly, 16.093,44 dm, 0,868421 UK nmi, 8 fur, 80 ch, 0,33333 US lea, 0,28966 nl, 63.360.000.000 µin, 0,86898 mn, 0,33313 UK lg, 1.609.344.000 μm e 0,2894737 UK nl ![]() |
Non confundir con | |
Non confundir con
| |
Descrito pola fonte | |
[ Wikidata ] |
A milla é unha unidade de lonxitude que non forma parte do sistema métrico decimal. De orixe moi antiga, foi herdada da Antiga Roma e equivalía a mil pares de pasos camiñados por un home (en latín: mille passus, plural: milia passuum). Como os pasos eran dobres, a milla romana era aproximadamente igual a 1 467 m, e polo tanto un paso simple era duns 73 cm.
Antes de establecerse o Sistema métrico a milla foi unha das principais medidas de distancia en todo o mundo occidental, aínda que o seu valor variaba dun país a outro. Coa introdución do sistema métrico, os países latinos e outros moitos comezaron a usar o metro e os seus múltiplos para medir as distancias terrestres, e actualmente utilízase en todo o mundo, excepto nos países anglosaxóns e os do seu ámbito de influencia, onde aínda utilizan a milla.
Actualmente existen 2 tipos xerais de millas: Estatutaria (da que se empregan hoxe dous subtipos) e Náutica.
Milla estatutaria
[editar | editar a fonte]Defínense dúas millas estatutarias de diferenzas case desprezables, a internacional e a de agrimensura.
Milla internacional
[editar | editar a fonte]Chamada simplemente milla, séguese usando nos países anglosaxóns e equivale a 1 609,344 m. En inglés chámase statute mile. Nos países que utilizan o sistema métrico a milla aparece normalmente nos mapas a fin de que estes poidan ser estudados tamén polos anglosaxóns. Da mesma forma os países anglosaxóns van incorporando paulatinamente o quilómetro como dato adicional na súa cartografía.
Milla de agrimensura
[editar | editar a fonte]Chamada survey mile en inglés. É usada a diario polo Servizo Público de Agrimensura de Terras dos Estados Unidos. É o equivalente 5.280 pés de agrimensura, aproximadamente 1 609 m.
Milla náutica
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: milla náutica.
A milla náutica (NM, do inglés: Nautical Mile), tamén chamada milla marítima, introduciuse na náutica hai séculos, e foi adoptada, con moi lixeiras variacións, por todos os países occidentais. Aínda é utilizada por todos os navegantes do mundo, ata por aqueles que están afeitos ao sistema métrico. É igualmente usada para a navegación aérea. Equivale a 1 852 metros.